Tras unha intensa semana de aprendizaxe, remata o obradoiro máis solidario do campus: o de voluntariado. Este primeiro curso, de formación básica dentro dos enmarcados no ámbito do voluntariado, ten como obxectivo dotar aos alumnos das ferramentas xerais para exercer o seu traballo. Despois, será a entidade coa que colaboren a encargada de darlles unha instrucción máis especializada segundo o seu campo de actuación.
Ademais, comeza o segundo obradoiro do cuadrimestre organizado pola Oficina de Voluntariado e Integración, o de Planificación de actividades de lecer, unha formación moi útil nas ONG para organizar e dinamizar con éxito actividades no ámbito social.
20/11/2007