Tomar un café ou pasear polos corredores da facultade ao carón de obras recoñecidas da banda deseñada, son a partir de hoxe dúas opcións compatibles.
Na primeira planta do Edificio Politécnico, “cacacuequi” e unha estraña rapaza incitan a desviar a vista cara as paredes; mentres que, na cafetería da Bibiloteca, unha escolma de debuxos de Diego Blanco acompañan aos momentos de lecer.
A estas obras súmanse oito exposicións e diversas actividades que se celebrarán en diversos espazos da cidade das Burgas ata o vindeiro 21 de outubro, data de remate da festa galega do cómic.
04/10/2007