As iniciativas solidarias chegan ao campus a través do Programa de Voluntariado, dirixido aos membros da comunidade universitaria que dispoñan dun mínimo de dúas horas semanais para colaborar nos proxectos deseñados. Como complemento da formación humana e poder levar a cabo as tarefas dun xeito máis eficaz, os interesados serán instruídos tanto en temas xerais como específicos da materia na que colaboren, ademais, como recompensa, estes cursos serán validables por créditos de libre configuración cando proceda.
25/10/2007