Presións por parte de intérpretes non profesionais. Procesos asistenciais sen interpretación e mesmo imposibilidade de comunicación cos seus avogados antes de chegar a xuízo. Esta son algunhas das situacións que vítimas de violencia de xénero de Marrocos, Brasil, Guinea, Rusia, Nixeria, Romanía ou Etiopía sofren en España. Así o constou o proxecto europeo co financiado polo Programa Xustiza Penal e nove universidades española, entre elas a de Vigo, Speak Out for Support, SOS-VICS, que hoxe presentou balance en Madrid de dous anos de traballo, no que participaron máis de 600 profesionais dos ámbitos da xudicatura, a policía, a avogacía, o traballo social, a medicina, a psicoloxía e a tradución e interpretación.
17/04/2015