Tradicionalmente, a participación da cidadanía nun xornal víase limitada ás cartas ao director. Mais a expansión de internet, os avances tecnolóxicos e as “redaccións multimedia” motivaron un cambio no mundo do xornalismo, no que “o lector xa non é un mero receptor da noticia, senón que tamén pode intervir nela”, como sinala Laura Juan. Na súa tese de doutoramento, esta investigadora afonda na idea do “xornalismo cidadán”, aquel sustentado na participación dos lectores e lectoras, que en España se viu acrecentado pola situación económica, xa que “a crise incrementou o interese dos medios por atraer ao seu público".
12/03/2015