O Servizo de Deportes abre o prazo de inscrición nas Ligas Universitarias 2007/08 para os campus de Pontevedra e Vigo. Tanto en categoría feminina como masculina, os campionatos comprenderan as modalidades de baloncesto, balonmán, fútbol sala, fútbol 7, rugby 7 e voleibol. Como gran novidade neste curso estréase a Bolsa de Xogadores, para que os deportistas poidan inscribirse de xeito individual.
28/09/2007