Á defensa por terra, mar e aire súmaselle neste século XXI un novo escenario, o do ciberespazo, unha contorna intanxible a través da que gobernos e empresas están a sufrir ataques de grupos organizados. “Algúns expertos advirten de que a guerra no ciberespazo xa comezou”, salientou Juan Luis Sobrino, director da Escola Naval Militar, na inauguración do Seminario de Ciberdefensa neste centro adscrito á Universidade. Estas xornadas permitirán introducir ao alumnado do Centro Universitario da Defensa (CUD) nunha área que constitúe un “dos novos retos do coñecemento”, segundo o reitor, Salustiano Mato, coa idea de que poidan enfrontarse “a unha ameaza actual, real e en crecemento”, engadiu o director de Ensino Naval, Marcial Gamboa.
30/01/2014