DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O alcalde e a profesora Emma Torres destacan a proxección que terá para a cidade e a Universidade

O Concello respalda a organización do Foro de Investigación en Comunicación e do Lusocom

Os congresos celebraranse na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en febreiro e abril, re

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Académica
B. Vega DUVI 30/01/2014

O Concello de Pontevedra ten moi presente que a celebración de congresos atrae unha importante cantidade de persoas que, ademáis de asistir ás sesións previstas na planificación do evento, invirten o seu tempo de lecer durante eses días en coñecer a cidade de celebración e a súa contorna. É por isto que consideran moi importante o respaldo á Universidade de Vigo na organización do XV Foro de Investigación en Comunicación e o XI Lusocom nos meses de febreiro e abril respectivamente e contarán coa colaboración de Turismo de Pontevedra, que completará a axenda dos asistentes coa oferta de visitas guiadas a última hora da tarde, entre outras actividades.

“É unha interesante aposta da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación pola organización de congresos nacionais e internacionais” sinalou Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde da cidade de Pontevedra, esta mañá durante a presentación dos eventos na que compareceu xunto a Emma Torres, directora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo, e Silvia García, profesora do devandito departamento. “O Lusocom2014 atraerá entre 300 e 400 persoas á nosa cidade provintes de países como Portugal, Brasil, Angola, Guinea e Cabo verde e, por iso, estamos barallando complementar a súa planificación dende o concello con algún evento tamén relacionado coa lusofonía” adiantou Lores. “Supón unha grande oportunidade para continuar coa promoción do noso modelo urbán e a nosa cultura e por este motivo seguiremos animando á Universidade a organizar eventos deste tipo” engadía o alcalde. Coincidiu con el a profesora Emma Torres ao desacar que “é unha proxección moi interesante tanto para a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e a Universidade de Vigo, como para a cidade de Pontevedra”.

Foro de Investigación en Comunicación, pola súa banda, é "un evento puramente académico", mais a súa celebración o 6 e 7 de febreiro atraerá a expertos de 16 universidades nacionais, que pasarán eses días en Pontevedra coñecendo a contorna” sinalou a organizadora engadindo que “esto é un plus, porque por anteriores experiencias a xente marcha encantada coa cidade”. No caso do Lusocom, Torres volve coincidir con Lores e destaca que “o interese que ten despertado en Brasil é moi grande e esperamos unha grande afluencia”.

O primeiro Foro de Comunicación en Galicia

A celebración do XV Foro de Investigación en Comunicación na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra supón a seu primeiro paso por territorio galego. A décimo quinta edición deste evento, organizado polas universidades de Vigo e Navarra, terá lugar os días 6 e 7 de febreiro, e reunirá a expertos e investigadores nos eidos do xornalismo, a publicidade e as relacións públicas de 16 universidades españolas.

Baixo o título de O novo diálogo social: organizacións, públicos e cidadáns, os asistentes debaterán sobre do futuro da comunicación no momento actual de cambios sociais e tecnolóxicos. O traballo durante o congreso dividiráse en tres mesas temáticas, sobre Tendencias na comunicación corporativa e institucional, Modelos produtivos na mensaxe audiovisual e Nova cultura publicitaria, ademáis de conferencias e actividades culturais. Ademais das dúas entidades organizadoras, reuniránse neste congreso puramente académico representantes das universidades Complutense, Carlos III, Pontificia de Salamanca, Antonio Nebrija, Cardenal Herrera, San Pablo-CEU e Francisco de Victoria, así como as de Valladolid, Málaga, Sevilla, Alicante, La Laguna, Murcia e Comillas.

O Lusocom 2014, ou a potenciación da marca territorio

O complexo equilibrio entre o mantemento da identidade dun territorio, baseada na súa cultura, e a necesidade deste mesmo territorio de integrarse nun espacio comunicativo global non pasa desapercibida para o espacio lusófono de comunicación. Neste contexto, e no da vehiculización da construcción de identidade a través da comunicación, é que se ten percibido o interese de potenciar a creación das marcas territorio. Trátase dun concepto que vai máis aló do de Marca País, xa que non se delimita por fronteiras xeográficas ou políticas, e sobre o que debatirán os días 11 e 12 de abril expertos internacionais no XI Lusocom baixo o título Marca Territorio: A construcción das identidades a través da comunicación.

O congreso celebraráse na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e reunirá a expertos provintes de países como Portugal, Brasil, Angola, Guinea e Cabo Verde, que debatirán sobre a realidade e a evolución das marcas territorio dende diversas perspectivas, a través de propostas estudiadas en grupos de traballo separados en diversos eidos, como a identidade, a cultura, os medios, a historia, a lingua ou a comunicación en sí mesma.