Vicerreitoría e Campus Crea promoven un concurso de vídeos en TikTok, no que convidan á comunidade universitaria a reflectir, dun xeito divertido, o que significa para eles e elas a idea de creatividade.
Resultado dun proceso de traballo no que contou coa colaboración dun grupo de estudantes de Belas Artes, o artista británico Simon Callery presenta na tarde deste xoves na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes unha obra de grandes dimensións que é o resultado final de semanas de traballo en contacto directo coas paisaxes do río Lérez, Cabo Udra e Mogor.
O terceiro número, o correspondente a 2024, de Ágora. Revista Universitaria de Cultura, xa está dispoñible. Nela participan egresados e alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense.
Unha sinerxía entre a música sinfónica e a tradición sonora galega. Isto é o que propón a Vicerreitoría para unha nova edición do Concerto de Primavera do campus, que nesta ocasión terá como protagonistas a Orquestra Xove de Pontevedra e as aulas de música e baile tradicional do campus.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
Desde este xoves pola tarde, a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle nos seus muros unha nova proposta creativa. Trátase da exposición sóloEDADES, do artista Fernando Barreira.
Co gallo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense inaugurou este xoves a exposición Flora, ou a educación dunha nena na sociedade tradicional.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
Realizar un percorrido polas máis de dúas décadas de traxectoria profesional na UE do analista Serafín Pazos foi o obxectivo central do obradoiro que impartiu este luns na Facultade de Dirección e Xestión Pública, no marco das actividades da Cátedra Jean Monnet Institucións europeas e cidadáns.
A terceira e última edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo xa está en marcha. A cita é cada venres, desde o pasado 23 de febreiro e ata o 3 de maio.
Impulsado polas tres universidades galegas, o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) naceu en 2022 coa vontade de integrar as capacidades científicas neste ámbito das tres institucións académicas e tamén cunha clara aposta pola transferencia do coñecemento.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores unha nova sesión da súa aula aberta, titulada Aprendemos a xogar con Brazolinda.
A Federación Española de Teatro Universitario acada de conceder os seus premios anuais e entre as obras galardoadas está As cidades agochadas, da aula de teatro do campus de Ourense Maricastaña.
Comunicación e cultura son no presente curso os eixes temáticos da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio, que este xoves dá inicio as súas actividades do segundo cuadrimestre cunha mesa sobre comunicación institucional e redes sociais.