O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves o I Informe de Conxuntura Socioeconómica do Ano 2021. Nel destacan que o impacto da crise na economía galega foi “significativamente menos intenso” que no conxunto do estado. “Galicia resiste mellor o envite da crise que o conxunto do estado. A estrutura económica e produtiva da nosa comunidade, cun peso menor do turismo e a hostalaría e maior do agroalimentario, contribuíron a elo”, indican desde a entidade.
25/03/2021