A Facultade de Historia do campus de Ourense, en colaboración coa revista El Octavo Historiador, celebrou este venres a I Olimpíada de Historia. Fai Historia con nós. Con carácter autonómico e pioneiro en Galicia, a cita tivo como obxectivo espertar a curiosidade do alumnado preuniversitario por esta área. Participaron nela 28 equipos procedentes das provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra, competindo cada equipo con catro estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria acompañados por unha ou un docente.
25/05/2018