Nun futuro distópico, marcado pola contaminación do planeta, as illas Cíes constitúen un “bastión de resistencia ao cambio climático”. Este é o punto de partida de Onde dormen as gaivotas, unha curta que un grupo de titulados e estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación gravou no Desafío Audiovisual Illas Cíes.
10/02/2020