Unha nova xeira de exames está a piques de comezar e co obxectivo de axudar ao seu alumnado a afrontalos do mellor xeito posible, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo organizou este mércores un obradoiro de xestión do estrés impartido polo Gabinete Psicopedagóxico do campus de Ourense. Nel, as e os estudantes puideron achegarse a algunhas das técnicas que lles poden permitir alixeirar a súa carga de tensión, desde técnicas de relaxación ata controlar o uso de pantallas móbiles.
19/05/2021