EscoitaANTES é unha proposta, xurdida da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Orquestra Vigo 430, que propón un programa de “escoitas activas” previas aos concertos desta formación musical.
Ao abeiro do Día Internacional da Muller, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo organiza o concurso de fotografía MULLE.Rme.
O docente do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo Nicanor Alonso acaba de publicar 'A lista de Hilbert'. O autor, ademais de achegar ás e aos lectores o famoso discurso, fai un repaso do estado actual das matemáticas e os retos vixentes desta disciplina -entre os que aínda se atopa un dos formulados por Hilbert hai máis dun século-.
O persoal da rede de concesionarios oficiais Yamaha Motor España de motos de auga asiste esta semana na Escola de Enxeñería Industrial a un curso de formación sobre mantemento do sistema eléctrico dos últimos modelos de motos acuáticas lanzadas ao mercado por esta marca.
A mostra As caras dos libros recolle máis dun cento de cubertas, tanto de libros de Carlos Casares como de volumes da colección Árbore. A exposición, que se poderá visitar ata o 28 deste mes na sede de Torrecedeira da Escola de Enxeñería Industrial, inaugurouse este xoves.
A “súper protección” penal da Coroa, os ataques á súa imaxe e o exercicio do dereito á liberdade de expresión. Estes son os puntos de partida do novo libro do profesor de Dereito e Deontoloxía da Comunicación Fernando Ramos que presentou este xoves na sede de Torrecedeira da Escola de Enxeñería Industrial.
O 24 de xaneiro comezará o segundo Fórum IEV no que o Instituto de Estudos Vigueses colabora coa Universidade e o Concello de Vigo co obxectivo de amosar á cidadanía o traballo desenvolvido en Vigo en diferentes disciplinas académicas.
A comezos de 2017 botaba a andar o proxecto LitterDrone co obxectivo de desenvolver ferramentas innovadoras para o control e xestión remota de lixo mariño a través de UAVs, vehículos aéreos non tripulados. A falta de tres semanas para rematar o estudo, o equipo de investigadores da Universidade de Vigo, da empresa Grafinta e da Asociación Española de Basuras Marinas están xa en disposición de presentar os resultados do seu traballo.
“Diversidade” é o adxectivo que define este ano o Obradoiro de cosmética natural aproveitando a contorna, non só polas actividades que se realizan e os produtos que se crean, senón tamén polos seus participantes, obxectivos e intereses.
O Nadal está xa a piques de chegar e o seu espírito era evidente este sábado no Auditorio Mar de Vigo no tradicional concerto que organiza a Universidade para darlle a benvida ás festas.
A filosofía perralleira invadiu as mentes das e dos espectadores que se deron cita no teatro Vidal Bolaño este mércores para presenciar a última produción do dúo cómico Mofa e Befa.
Tras varios días de intensa actividade, de conferencias, charlas, concursos, exposicións... as facultades de Bioloxía, Ciencias do Mar e Química celebraron este xoves o día grande do seu patrón, San Alberte.
A Cátedra Internacional José Saramago continúa programando actividades culturais e divulgativas para fomentar o coñecemento sobre a figura do Nobel portugués entre a cidadanía.
Co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de respectar o medio mariño e as especies que o habitan e garantir a súa conservación, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo pon en marcha unha nova edición, a 28ª, da Semana Internacional de Cine Submarino.