Darlle visibilidade ao idioma galego entre os alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación é o propósito que levou a un grupo de estudantes da facultade a pór en marcha Usa a túa lingua en galego, a xornada que este xoves 22 reunirá nesta facultade a un youtuber, unha cantante, unha poeta e dous presentadores de televisión, co uso do idioma en múltiples ámbitos como nexo de unión.
21/11/2018