A colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través da Secretaría Xeral de Pesca Marítima, e o FROM, coa Universidade de Vigo, para a realización do Máster en Economía e Xestión Pesqueira e Acuícola, é o obxecto do convenio asinado hoxe polo secretario xeral de Pesca, Juan Carlos Martín Fragueiro e o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago. A contribución económica do Ministerio a este máster que alcanza a súa segunda edición e está dirixido a titulados e profesionais que desexen especializarse en Economía e Xestións de Pesca, e de 24000 euros, aportados a partes iguais pola Secretaría Xeral de Pesca e o FROM.
30/11/2007