O poeta, narrador e ensaista Anxo Angueira, profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, lembra neste artigo a figura do poeta Uxío Novoneyra a quen este 17 de maio se lle dedica o Día das Letras Galegas. Baixo o nome Poeta con terra Angueira, gañador do premio Xerais pola súa primeira novela, Pensa nao, repasa a fonda relación entre Novoneyra e o Courel e, ao tempo, bota unha ollada o gran número de poetas galegos "con terra": Meendiño, Martin Códax, Martín Sarmiento, Rosalía de Castro...
14/05/2010