Cun programa de corenta actividades diferentes, as Escolas Deportivas do Campus de Vigo, deron a posibilidade a case 500 membros da comunidade universitaria de facer exercicio durante o primeiro cuadrimestre. Entre as actividades máis solicitadas atópanse a natación, tenis e aeróbic, deportes que teñen unha ampla aceptación, e que concentraron ao 30% dos participantes. Outros como o spinning, o ioga e as danzas orientais gañan, cada vez, máis seguidores que, abandonando os clásicos e prefiren probar novas formas de exercitarse.
13/12/2007