Esta semana é a última para visitar a exposición Ex profeso 1, aberta na Sala X da Facultade de Belas Artes desde o 3 de decembro. Nela as profesoras Berta Cáccamo, Mar Caldas, Almudena Fernández, Silvia García, Yolanda Herranz, Mónica Ortuzar e Ana Soler foron convidadas polo comisario da galería, Xosé Manuel Buxán, para afrontar un único cometido, o de realizar pezas feitas especificamente para este espazo expositivo, de aí o título da mostra. É, polo tanto, a primeira exposición dun proxecto pensado desde a diversidade e na liña da arte site specific, que pretende animar aos docentes a apropiarse do espazo expositivo do que é o seu lugar de traballo.
25/01/2010