Alumnado da Facultade de Dereito do campus de Ourense visitou este luns a Deputación de Ourense para coñecer o funcionamento interno, desde o punto de vista técnico, da institución provincial. Na súa visita foron recibidos por Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira.
Tras a reunión que a pasada semana mantiñan o reitor da Universidade de Vigo e o presidente da Deputación de Pontevedra, a institución provincial anunciou este luns un investimento de 165.000 euros para impulsar unha serie de proxectos conxuntos no 2024.
O Consello de Campus de Ourense celebrou este venres unha sesión ordinaria que, presidida por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, tivo como protagonista principal o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense.
Desde este xoves pola tarde, a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle nos seus muros unha nova proposta creativa. Trátase da exposición sóloEDADES, do artista Fernando Barreira.
Co gallo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense inaugurou este xoves a exposición Flora, ou a educación dunha nena na sociedade tradicional.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
No presente curso, a Universidade de Vigo impulsaba por primeira vez unha convocatoria de axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparación de competicións internacionais oficiais, na que foron seleccionados tres estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
Analizar novas vías de cooperación entre Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra foi un dos obxectivos da reunión que este martes mantivo o reitor, Manuel Reigosa, co presidente da institución provincial, Luis López.
Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
Co concepto de tempo como núcleo temático, a Semana Galega de Filosofía celebrará do 1 ao 5 de abril os seus 40 anos de traxectoria, e farao contando novamente coa colaboración da Universidade de Vigo.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense súmase á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa posta en marcha dun concurso fotográfico. A súa temática, indican desde o centro, é A muller de hoxe.
Impulsado polas tres universidades galegas, o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) naceu en 2022 coa vontade de integrar as capacidades científicas neste ámbito das tres institucións académicas e tamén cunha clara aposta pola transferencia do coñecemento.
Tras recibir o apoio do 88% das persoas participantes na Xunta de Facultade celebrada este xoves, Óscar García afrontará un segundo mandato á fronte de Ciencias da Educación e do Deporte.
A Escola Infantil Concepción Saiz Otero do campus de Ourense ten aberto o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2024/2025. O centro forma parte do programa de gratuidade no primeiro ciclo de educación infantil da Xunta de Galicia.
A Federación Española de Teatro Universitario acada de conceder os seus premios anuais e entre as obras galardoadas está As cidades agochadas, da aula de teatro do campus de Ourense Maricastaña.