Case trescentas persoas, entre docentes, alumnos e xestores, participaron esta fin de semana en Ourense no I Encontro de Pogramas Universitarios para Maiores , organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con Vicepresidencia da Xunta. Na inauguración o Reitor, Alberto Gago, destacou " a importancia deste tipo de citas nas que os presentes comparten ilusión e ganas de aprender". Xunto ao Reitor da Universidade de Vigo, o presidente do Consello da Cultura e representantes das tres universidades galegas, presidiron a inauguración que se desenvolveu no edificio politécnico.
12/11/2007