Comezou setembro, comezou o curso universitario 2011/2012 e este luns comezaron as clases nas aulas do campus de Ourense. A maior parte dos centros deron a benvida ao seu alumnado, con especial atención ao de primeiro curso, presentándolle os seus estudos e instalacións, ofrecéndolle unha panorámica de como se desenvolverá este novo ano académico e explicándolle os servizos que teñen á súa disposición no campus. Para dar o pistoletazo de saída, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo convidou ademais a Pedro Veiga, director de planificación estratéxica de Novacaixagalicia, para falar da crise económica.
05/09/2011