A programación de rutas culturais que este curso levou a cabo a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo chegou ao seu fin e é momento de facer balance para a organización. José García-Calvo, Willy, coordinador destas andainas desde o campus de Ourense, sinala os bos resultados acadados, tanto en cifras, con 780 participantes nos doce roteiros celebrados, como na valoración do seu desenvolvemento tanto por parte da organización como das e dos participantes.
15/05/2018