Baixo o nome de Exxperimenta en Feminino, no ano 2017 botou a andar unha iniciativa na que cada curso arredor 120 profesoras e investigadoras da Facultade de Ciencias, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense se alían para organizar diferentes actividades, entre elas unha feira divulgativa, de visibilización da muller na ciencia e de fomento das vocacións STEM. Por este compromiso coa igualdade e pola súa capacidade de implicación e mobilización de diferentes colectivos, as súas coordinadoras, as profesoras Alma Gómez, Julia Carballo e Nieves Lorenzo, foron recoñecidas este martes co IX Premio Uviguala da Universidade de Vigo.
09/03/2021