Con motivo da celebración do patrón da Facultade de Bioloxía, San Alberte, a Delegación de Estudantes Lynn Margulis volve facer unha chamada á creatividade da comunidade universitaria coa convocatoria de dous concursos, un de relatos e outro de logos. En total repartiranse 460 euros en vales entre os seis premiados, tres por categoría.
19/10/2021