Froito do traballo iniciado no Instituto de Investigación Biomédica (IRB Barcelona) xunto ao investigador Ángel Nebreda, a revista científica de referencia no seu campo Cancer Cell publicaba nas últimas horas o artigo Targeting p38α Increases DNA Damage, Chromosome Instability, and the Anti-tumoral Response to Taxanes in Breast Cancer Cells no que a investigadora do Cinbio, Centro de Investigación Singular de Galicia, da Universidade de Vigo Ana Igea, describe as bases dunha potencial nova vía terapéutica para o cancro de mama máis agresivo.
25/05/2018