Visitou Vigo a finais de 2017 e aquí quedou ata o pasado mes de marzo, cinco meses nos que miles de galegas e galegos puideron ver de preto o Pergamiño Vindel. Xa de volta na Morgan Library de Nova York, as famosas cantigas de Martin Codax seguirán viaxando por todo o mundo, e farano a través do libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax.
Algunhas e algúns dos máis destacados expertos en fotónica participaron este mércores na xornada de arranque do proxecto europeo Edify, liderado pola Universidade de Vigo e a empresa Smart Photonics, que ten o obxectivo de capacitar profesionais en fotónica integrada, ao abeiro das liñas de actuación do proxecto Marie Curie da axenda 2020.
A ausencia no mercado dun sistema de alimentación flotante para acuicultura no mar dimensionado especificamente para explotacións de tamaño mediano e pequeno, está na orixe de SeaFeed, unha iniciativa da empresa Feeding Systems S.L., que a firma viguesa desenvolverá en colaboración coa Universidade de Vigo e coas empresas Engranor, Quantum Innovative e Montajes Cancelas.
Cunha mensaxe gravada do ministro de Ciencia, Innovación y Universidades, Pedro Duque, comezou pasadas as 9.30 horas New Space España, o evento que durante toda a xornada deste xoves reúne en Vigo a preto de 200 persoas relacionadas co sector do new space.
Vigo acollerá o vindeiro mércores, 5 de decembro, un encontro europeo sobre fotónica, orientado ás empresas galegas co fin de dar a coñecer, con casos prácticos, os usos desta tecnoloxía nos procesos industriais.
A experiencia que outorgan 20 anos impartindo a materia de Contaminación Mariña na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, serviulle ao catedrático de Ecoloxía Ricardo Beiras para decatarse da necesidade dun texto actualizado, acorde co estudo que hoxe en día se fai da contaminación mariña.
A publicación definitiva este martes do Highly Cited Researchers List (HCR), elaborado por Clarivate Analytics, confirma a inclusión dos investigadores da Universidade de Vigo Jesús Simal e Maurizio Battino, ao tempo que sitúa á institución académica viguesa como a primeira do Sistema Universitario de Galicia en número de representantes nesta relación.
O proxecto FastFlow5G do Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo vén de ser seleccionado na primeira Open Call for Experiments de ORCA, na categoría Excelencia Científica, o que lle permitirá ao grupo GTI poñer en valor unha parte dos resultados máis recentes do seu traballo no ámbito das comunicacións 5G.
Tras chegar esta mesma semana a notificación oficial e definitiva da concesión por parte do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades dunha axuda de 300.000 euros, este xoves inaugurouse na Facultade de Filoloxía e Tradución o Laboratorio de Linguaxe e Cognición, Lang & Co. Lab.
Os grupos de investigación galegos e portugueses que integran o Instituto de Bioenxeñería en Rede para o Envellecemento Saudable (Iberos) deron conta esta mañá en Vigo dos seus avances nunha ducia de proxectos cun alto grao de colaboración transfronteiriza.
A pouco máis dun mes para o lanzamento do picosatélite LUME-1, o proxecto FireRS segue completando fases e realizando probas para testar as diferentes tecnoloxías.
A Universidade de Vigo estreará este mes un novo laboratorio, pero nesta ocasión non será nunha escola de enxeñaría nin nunha facultade do ámbito científico, senón na de Filoloxía e Tradución. Falamos do Laboratorio de Cognición e Linguaxe.
Profesionais do mundo do mar, membros do Consello Galego de Relacións Laborais, alumnos dos grados de Dereito e Administración e Dirección de Empresas, docentes e estudantes de doutoramento reuníronse esta semana na xornada Condicións de Traballo no Mar.
A redución de custos puxo en marcha hai uns anos unha auténtica revolución no sector aeroespacial, ata ese momento copado por grandes axencias e corporacións, dando entrada a novas empresas e organizacións.
A Universidade de Vigo é un dos socios da rede europea Cost Action Nanouptake, unha iniciativa integrada por máis de 35 grupos de investigación de 25 países con representación de universidades, centros de investigación e empresas do sector que traballan conxuntamente para fomentar o uso dos nanofluídos nas enerxías renovables.