A Estación das Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, estrea este verán o seu propio Observatorio Oceanográfico, unha estación que permite a monitorización en tempo real de diferentes variables: desde datos xerais, como a temperatura do aire e da auga ou velocidade do vento, ata cuestións máis profesionais como a turbidez ou a velocidade da corrente, e outros ítems de carácter máis científico tales como a salinidade, o PH, concentración de clorofila e de oxíxeno “un claro indicador da calidade da auga”, subliña o profesor Ramiro Varela, membro do grupo de investigación de Oceanografía Física, Gofuvi, os encargados de pór en marcha esta estación.
Baixo o nome de Observatorio Oceanográfico de Toralla, a estación ofrece os datos cunha frecuencia de dez minutos e actualízanse vía web póndoos ao servizo da sociedade en xeral
18/07/2013