Son novos, moi novos, pero sobradamente preparados en ciencia e aquilo que descoñecen non dubidan en preguntalo. Así son os case 50 estudantes de 6º de primaria do colexio público vigués Escultor Acuña que hoxe compartiron a mañá co equipo que deseñou e construíu o picosatélite XaTcobeo nos seus lugares habituais de traballo como a cámara anecóica, a cámara de baleiro ou o centro de seguimento. Desde hai meses e coa axuda dos seus profesores, en especial de María Xosé Pérez, titora de 6º A, este grupo de rapaces de entre 11 e 12 anos, seguiron con enorme interese a evolución do proxecto que permitiu poñer en órbita o primeiro picosatélite Cubesat 1U dunha universidade europea construído cos estándares da Axencia Espacial Europea
12/04/2012