Impulsar o interese e o coñecemento sobre o cultivo, a preparación, almacenamento e loxística de cultivos enerxéticos leñosos, foi o eixo arredor do que xirou a xornada informativa/demostrativa celebrada hoxe na Escola de Enxeñaría Técnica Forestal. Organizada pola propia escola e a Cátedra ENCE, a xornada contou coa participación de agricultores e subministradores de biomasa, e potenciais usuarios de plantas de xeración eléctrica/térmica aos que segundo Brais Alonso, coordinador da xornada “preténdeselles amosar que hai outro tipo de enerxía como os residuos forestais e os cultivos enerxéticos leñosos, que combinan ecoloxía e economía, buscando ademais sostenibilidade”.
16/04/2009