DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Consejo de Universidades recibirá para a súa verificación un total de 68 plans das tres universida

24 plans de estudos de títulos de grao adaptados ao EEES da Universidade de Vigo inician a súa tramitación

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría DUVI 22/12/2008

Un total de 68 plan de estudos de títulos de grao adaptados ao Espazo EES, entre os que figuran 24 presentados pola Universidade de Vigo, inician a súa tramitación para seren implantados no vindeiro curso 2009-2010, segundo informou a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón ao Consello Galego de Universidades.
Os 24 títulos de grao aprobados polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo que serán enviados ao Consejo de Universidades para a súa verificación son os seguintes: Estudos de galego e español; Linguas estranxeiras; Tradución e interpretación; Ciencia e tecnoloxía dos Alimentos; Administración e dirección de empresas; Ciencias da actividade física e do deporte; Economía; Educación primaria; Educación social; Traballo social; Turismo; Educación infantil; Enfermaría; Enxeñaría informática; Xeografía e historia; Dereito; Publicidade e relacións públicas; Dirección en xestión pública; Comunicación audiovisual; Fisioterapia; Bioloxía; Ciencias do Mar; Química e Relacións laborais e recursos humanos.
A relación de títulos de grao que deberán ser verificados polo Consejo de Universidades, complétanse cos 23 presentados pola Universidade de A Coruña e os 21 da Universidade de Santiago de Compostela.
No caso da Universidade de A Coruña son os graos en Administración e Dirección de Empresas; Bioloxía; Ciencias da Actividade Física e do Deporte; Comunicación Audiovisual; Dereito; Economía; Educación Infantil; Educación Primaria; Educación Social; Enfermaría; Enxeñaría da Edificación; Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto; Español: estudos lingüísticos e literarios; Fisioterapia; Galego-portugués: estudos lingüísticos e literarios; Humanidades; Información e Documentación; Inglés: estudos lingüísticos e literarios; Logopedia; Podoloxía; Química; Relacións Laborais e Recursos Humanos; e Turismo.
Pola súa banda a Universidade de Santiago de Compostela presentou os graos en os Administración e Dirección de Empresas; Bioloxía; Comunicación Audiovisual; Economía; Enfermaría; Enxeñaría Informática; Filoloxía Clásica; Filosofía; Física; Historia; Historia da Arte; Lingua e Literatura Españolas; Lingua e Literatura Galegas; Lingua e Literatura Inglesas; Linguas Modernas e as súas Literaturas; Óptica e Optometría; Psicoloxía; Química; Relacións Laborais e Recursos Humanos; Xeografía e Ordenación do Territorio; e Xornalismo.
Este curso 2008-2009 as universidades galegas imparten cinco títulos de grao adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior: Terapia Ocupacional e Socioloxía en A Coruña; Ciencias Políticas e da Administración e Matemáticas en Santiago e Belas Artes en Vigo.