exemplo de onde se escribe o pé de foto
Ourense, o Campus Auga
O Campus Auga é un proceso de especialización para converter o campus de Ourense en líder na investigación e na docencia en materias relativas á auga.
Estudar en Ourense
No campus de Ourense impártense actualmente 14 títulos de grao, 14 mestrados universitarios e 7 programas de doutoramento nun total de oito centros, que abarcan todos os ámbitos de coñecemento.
Investigar en Ourense
O campus de Ourense destaca pola súa intensa actividade investigadora, xa que alberga diversos grupos de investigación que desenvolven permanentemente o seu traballo nas súas instalacións.
Cultura en Ourense
A oficina de actividades culturais, integrada na Vicerreitoría do Campus de Ourense, é a responsable da programación e da xestión cultural no seu ámbito e da difusión das actividades culturais entre a comunidade universitaria e tamén na súa contorna.
Deporte en Ourense
A Universidade de Vigo considera o deporte un aspecto esencial na formación integral do estudantado. A Área de Benestar, Saúde e Deporte é un exemplo a seguir neste eido. O seu obxectivo primordial é a práctica do exercicio físico e do deporte nas mellores condicións de todos os membros da comunidade universitaria.