
A Biblioteca
A Biblioteca Universitaria ofrece un amplo conxunto de recursos de información, espazos e servizos para dar soporte ás actividades de aprendizaxe, docencia e investigación
Presente nos tres campus a través dunha rede formada por once bibliotecas coordinadas pola biblioteca central do campus de Vigo, a Biblioteca Universitaria forma parte da Vicerreitoría de Investigación.
Aínda que está dirixida principalmente aos membros da comunidade universitaria, a biblioteca permite o acceso de persoas alleas a Universidade de Vigo en calidade de usuarios externos.
Se es estudante novo ou estudante estranxeiro e queres saber como dar os teus primeiros pasos na biblioteca, consulta a nosa Guía para o alumnado de novo ingreso ou a Guía para estudantes internacionais (en inglés).
A biblioteca xestiónase cun sistema de xestión da calidade certificado baixo a norma ISO 9001. Do mesmo xeito, forma parte de contornas cooperativas como Rebiun, o CISUG (antes Consorcio Bugalicia), Dialnet e UNICi2.
NOVO AVISO IMPORTANTE: Entra en funcionamento o novo buscador da Biblioteca (22 decembro 2022)
Xa está accesible o novo Perseo, o buscador que substitúe ao antigo catálogo bibliotecario e facilita unha procura integrada nos recursos bibliográficos impresos e dixitais dispoñibles na Biblioteca Universitaria, así como noutros recursos alleos. Grazas á súa interface única, Perseo permite buscar no catálogo e nos recursos electrónicos da biblioteca, nas bibliografías recomendadas, no repositorio Investigo e en recursos de acceso aberto. O acceso pode facerse directamente desde o enderezo https://perseo.uvigo.gal ou desde o apartado "Atopar información" da páxina web da Biblioteca, na que tamén se pode atopar unha guía de uso de Perseo.
Por agora o novo Perseo está en fase beta, de xeito que é posible que, nalgunhas ocasións, se produzan erros ou incidencias de funcionamento. Solicitamos que, en caso de experimentar un destes erros ou incidencias, o comuniquedes a soporteperseo@uvigo.gal o máis axiña posible.
O antigo catálogo continuará estando dispoñible ata o 28 de febreiro de 2023 para que as persoas usuarias que o desexen poidan descargar o seu historial de préstamos de libros. Este historial do anterior catálogo non vai estar dispoñible no novo Perseo. Engadimos unha guía en formato vídeo e en formato presentación coas instrucións para recuperar este historial.
Horario ao público
Horarios ordinarios (de luns a venres, agás festivos)
- Biblioteca central de Vigo, de 8:30 a 21:00 h.
- Biblioteca central de Ourense, de 8:30 a 21:00 h.
- Biblioteca central de Pontevedra, de 8:30 a 21:00 h.
- Biblioteca de Belas Artes, de 8:30 a 20:45 h.
- Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais, de 8:30 a 20:45 h.
- Biblioteca de Ciencias Experimentais, de 8:30 a 20:45 h.
- Biblioteca de Ciencias Xurídicas e do Traballo, de 8:30 a 20:45 h.
- Biblioteca de Filoloxía e Tradución, de 8:30 a 20:45 h.
- Biblioteca de Industriais-Minas, de 8:30 a 20:45 h.
- Biblioteca de Telecomunicación, de 8:30 a 20:45 h.
- Biblioteca de Torrecedeira, de 8:30 a 21:00 h.
Horarios de fin de semana e festivos (do 29 de abril ao 16 de xullo de 2023)*
- Biblioteca central de Vigo: desde o sábado 29 de abril ao domingo 16 de xullo (mailos festivos de 1 e 17 de maio) en horario de 9:00 a 21:00 h.
- Biblioteca central de Ourense: desde o sábado 29 de abril ao domingo 16 de xullo (mailos festivos de 1 e 17 de maio) en horario de 9:00 a 21:00 h.
- Biblioteca central de Pontevedra: desde o sábado 29 de abril ao domingo 16 de xullo (mailos festivos de 1 e 17 de maio) en horario de 9:00 a 21:00 h.
- Biblioteca de Torrecedeira: desde o sábado 29 de abril ao domingo 16 de xullo (mailos festivos de 1 e 17 de maio) en horario de 9:00 a 21:00 h.
* Durante estes horarios de fin de semana as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos etc.
Horarios nocturnos (maio-xullo 2023)*
- Biblioteca central de Ourense: de luns a venres do 2 de maio ao 30 de xuño (agás festivos) en horario de 8:30 a 1.00 h. da madrugada, e de luns a venres do 3 ao 14 de xullo en horario de 9:00 a 0:00 h.
- Biblioteca central de Pontevedra: de luns a venres do 2 de maio ao 30 de xuño (agás festivos) en horario de 8:30 a 1.00 h. da madrugada, e de luns a venres do 3 ao 14 de xullo en horario de 9:00 a 0:00 h.
- Biblioteca de Torrecedeira: de luns a venres do 2 de maio ao 30 de xuño (agás festivos) en horario de 8:30 a 1.00 h. da madrugada, e de luns a venres do 3 ao 14 de xullo en horario de 9:00 a 0:00 h.
* Durante estes horarios nocturnos, a partir das 21 h. as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos etc.
- Queres presentar unha queixa ou unha suxestión? Preme aquí.
- Queres participar na nosa enquisa de satisfacción? Preme aquí ou escanea o código QR

Normativas
Regulamento da biblioteca [PDF] aprobado polo Consello de Goberno o 21 marzo 2018326.32 KB Normativa de Préstamo 202280.84 KB Normativa uso salas traballo en grupo [PDF]162.67 KB Normativa de doazóns bibliográficas [PDF]223.65 KB Normativa de expurgacións [PDF]44.02 KB