Selo HRS4R (Human Resources Strategy for Researchers)

HR excelencia en investigación

HRS4R (Human Resources Strategy for Researchers) Estratexia de Recursos Humanos para o Persoal Investigador

Selo HRS4R

En 2017 a Universidade de Vigo foi recoñecida pola Comisión Europea (CE) coa acreditación HR Excellence in Research Award e tamén co Selo de Excelencia.

HR Excellence in Research representa o noso compromiso para mellorar continuamente e facer progresos aliñando as nosas estratexias e políticas de recursos humanos cos 40 principios da Carta Europea para o persoal investigador e do Código de Conduta para a contratación de persoal investigador (a Carta e o Código).

A Carta e o Código (C&C) reúnen un conxunto de principios e exixencias xerais para o persoal investigador e tamén para as entidades empregadoras e/ou financiadoras. A súa implantación por parte das institucións de investigación vólveas máis atractivas para o persoal que busca un nova entidade empregadora ou para un anfitrión para o seu proxecto de investigación.

 

O programa HRS4R da CE apoia as institucións de investigación e as organizacións financiadoras na aplicación da Carta e o Código nas súas políticas e prácticas, co obxectivo de contribuír á consolidación dun Espazo Europeo de Investigación (ERA, European Research Area) unificado e aberto ao mundo, baseado nun mercado interior no que persoal investigador, coñecemento científico e tecnoloxía circulen libremente.

O Selo de Excelencia é un prestixioso respaldo deseñado para apoiar a destacados solicitantes das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA) cuxas propostas mostran un potencial excepcional pero que non poden ser financiadas co presuposto actual da CE.

MSCA Selo de Excelencia

 

Estratexia HR Excellence in Research na UVigo

A UVigo adquiriu o compromiso de implantar estes estándares en 2016. Un equipo multidisciplinar liderou un traballo de análise interna, con representantes dos órganos de goberno e de investigadores de todos os campos de coñecemento. Esta análise GAP resultou na identificación de áreas de mellora e na definición dunha estratexia de implantación dos principios da Carta e do Código personalizada (plan de acción 2017-2019). 

Durante a implantación deste plan de acción identificáronse novos obxectivos e áreas de mellora, como se reflexa no informe de revisión intermedia e no plan de acción revisado (2019-2022). A avaliación intermedia da CE en 2019 tivo un resultado favorable.

Agora, estamos traballando cara á cuarta fase do proceso implantando a estratexia e o plan de acción HR 2019-2022.

 

Consulta a documentación institucional asociada a este proceso:

 

Estratexia OTM-R: selección e contratación abertas e transparentes 

A estratexia de contratación de persoal investigador ten como referencia os principios de selección e contratación abertas, transparentes, baseadas en méritos e internacionalmente comparables (OTM-R) definidos no código.

A Universidade recoñece a necesidade de que os centros de investigación e outras unidades de I+D+i estean en condicións de contratar persoal investigador do xeito máis áxil posible, á vez que se adhiren aos métodos de mellores prácticas de selección e contratactión consonte a lexislación vixente.

HR Research asiste e asesora tanto aos solicitantes como aos centros de investigación, unidades e servizos de I+D+i na contratación de persoal investigador.

  • Análise OTM-R
  • Política de OTM-R da UVigo aprobada no consello de goberno de 26 do decembro de 2023 GL | ES | EN


Contratación na UVigo

Se queres saber máis sobre o procedemento para a contratación do persoal investigador na Universidade de Vigo, preme aquí.


Máis información para o persoal investigador

EURAXESS

Accede a EURAXESS -Researchers in Motion- e EURAXESS Spain para atopar toda a información sobre os servizos de información e de soporte destinados ao persoal investigador.

 

Logotipo e recursos HRS4R

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato, 1º andar
Campus Universitario
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero, 3º andar
Campus universitario
36310 Vigo

+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal

Selo HR
Edificio Filomena Dato, 1º andar
Campus Universitario
36310 Vigo
+34 986 130 325
selohr@uvigo.gal