Aviso legal
Termos de uso
- Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
- O usuariado non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.
Exención de responsabilidade
- O contido facilitado a través desta web publícase con efectos meramente informativos e non substitúe a publicidade legal de estatutos, normativas, disposicións e actos que teñen que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que por parte da Universidade de Vigo se efectuaran, en todo momento, os esforzos necesarios para que a información contida na web sexa exacta e actualizada, non se garante a non existencia de erros nos contidos do sitio web, nin que se atope totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG e doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
- A Universidade de Vigo resérvase o dereito de modificar sen previo aviso a estrutura da súa web, tanto na forma como nos contidos, ata dar de baixa a súa edición sen necesidade de notificar con antelación esta circunstancia ás persoas usuarias.
- A web contén nalgunhas ocasións ligazóns a páxinas externas sobre as que non se teñen control ningún e respecto das cales se declina toda responsabilidade.
- A Universidade de Vigo non se responsabiliza de posibles danos que puidese causar ao usuariado un uso incorrecto, erróneo ou indebido dos servizos e dos contidos desta web por parte deste.
- Estas cláusulas non teñen por obxecto limitar a responsabilidade da Universidade de Vigo, de forma contraria ao disposto pola normativa española aplicable, nin excluír a súa responsabilidade nos casos nos que, en virtude da dita normativa, non poida excluírse.
Dereitos da propiedade intelectual
A Universidade de Vigo é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a páxina web, o seu deseño gráfico e os seus contidos, salvo que nestes se indique unha titularidade distinta.
Servizo
A Universidade de Vigo intentará reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou das deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.
Xurisdición competente e lei aplicable
As controversias que poidan xurdir entre a Universidade de Vigo e as persoas usuarias deste servizo sobre a interpretación ou a aplicación das presentes condicións ou, en xeral, sobre o uso deste serán competencia dos xulgados españois e rexeranse pola lexislación española.
Política de cookies
Privacidade
Coa navegación, préstase o consentimento para recibir as cookies que utiliza o portal.
Son de dous tipos:
- Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Universidade de Vigo, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte do usuario.
- Cookies de terceiro: o portal usa de forma permanente as cookies analíticas da ferramenta Google Analytics. Adicionalmente, en determinadas épocas, emprega as cookies da ferramenta HotJar.
Google Analytics
Google Analytics realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.
Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.
Se se desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.
Lembrámosvos que se deberá executar esta acción cada vez que se cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.
HotJar
HotJar realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios e usuarias na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por HotJar.
Existe máis información acerca da privacidade ofrecida por HotJar en: https://www.hotjar.com/legal.
Como rexeitar a instalación de cookies?
Existe a posibilidade de configurar o seu navegador para aceptar o rexeitar a instalación de todas, ou de algún tipo de cookie, ou para solicitar que se lle notifique cando se coloca unha delas.
Cada navegador dispón dunhas instruccións específicas de configuración. A continuación proporcionámoslle as ligazóns coa información concernente aos navegadores máis habituais: