Interior da pasarela de cristal que une a Biblioteca e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Comunicación

A Universidade de Vigo aposta pola comunicación como un dos principais valores para contribuír á mellora dos procesos de interrelación interna e externa

As universidades, como calquera outra organización, transmiten unha imaxe composta por tanxibles e intanxibles que van desde a máis visible publicidade ou difusión en medios dos seus eventos e accións puntuais ata os valores que fan chegar cada unha das persoas que forman parte da comunidade.   

A través dunha maior abertura das vías de información e comunicación coa comunidade universitaria e coa sociedade, a institución apoia firmemente o fomento da participación do alumnado, do persoal docente e investigador e do persoal de administración e servizos, así como a promoción do diálogo cos axentes externos.

Na súa xestión da comunicación institucional, a Universidade de Vigo prima a transmisión dos seus valores, a visibilización da docencia, da investigación e da transferencia, a captación de estudantes, a proxección internacional e, ante todo, o rendemento de contas e a transparencia, tanto á comunidade universitaria como á sociedade en xeral. 

Baixo a batuta da dirección en comunicación, canalízanse os diferentes soportes existentes: a UVigo TV, o Duvi, a Área de Imaxe ou o Gabinete de Prensa. Non obstante, co ánimo de coherencia da mensaxe, a estratexia de coordinación é o paraugas que ampara a institución. Todas as áreas deste mapa de territorios por especialidades e de persoas de ámbitos distantes, borrarán as súas fronteiras grazas á comunicación interna. Porque cada un e cada unha de nós somos a Universidade de Vigo, esa unión e sentimento de pertenza será sinxelo de transmitir ao exterior.  

 

Plan de comunicación
 

Plan de comunicación da Universidade de Vigo
 

O I Plan de comunicación da Universidade de Vigo é un documento de traballo aberto que constitúe unha folla de ruta imprescindible para organizar as nosas accións e os nosos retos comunicativos para o futuro. 

Coa colaboración e co esforzo de todas as persoas que formamos a comunidade universitaria, estamos seguros de que este plan nos axudará a continuar escalando postos nas clasificacións de transparencia e a estreitar os vínculos con todos os nosos públicos.

Seguimento

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal