Emerxencias
Se xorde algunha emerxencia que afecte a túa integridade, aquí atoparás toda a información para resolvela
As medidas que debes adoptar no caso de accidente, incendio ou evacuación, descríbense neste tríptico de emerxencias.
Ademais, as conserxerías dos edificios dos campus da Universidade de Vigo contan con caixas de primeiros auxilios e moitas delas tamén con desfibriladores semiautomáticos para prestar unha primeira axuda de urxencia ante calquera emerxencia que se puidese producir.
Teléfonos
- Servizo de seguridade dos campus: 618 873 387
- Centro médico (campus de Vigo, Edificio Filomena Dato, baixo): 986 813 451
- Bombeiros: 080
- Ambulancias: 061
- Centro Coordinador de Emerxencias: 112
Instalacións con desfibriladores semiautomáticos
Campus de Ourense
- Pavillón de deportes. Conserxaría.
- Pavillón de deportes. Pista de atletismo.
- Edificio Politécnico. Conserxaría.
Campus de Pontevedra
- Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte. Conserxaría (armario)
- Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Conserxaría (portátil)
- Facultade de Fisioterapia. Conserxaría.
- Pavillón de deportes. Conserxaría.
Campus de Vigo
- Pavillón de deportes. Conserxaría.
- Servizo de deportes. Espazo médico.
- Escola de Enxeñaría Industrial (Torrecedeira). Conserxaría.
- Escola de Enxeñaría Industrial (As Lagoas, Marcosende). Conserxaría.
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresarais. Conserxaría.
- Facultade de Filoloxía e Tradución. Conserxaría.
- ECIMAT. Conserxaría.
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Corredor central.
- Edificio Ciencias Experimentais. Entrada.
- Edificio Filomena Dato. Planta baixa, enfermería.
Máis información:
Servizo de Prevención de Riscos Laborais
Edificio Filomena Dato (planta baixa)
As Lagoas Marcosende
+34 986 814 088
sprlformacionesaude@uvigo.gal




