DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O prazo de presentación de traballos remata o 20 de abril

6000 euros para o gañador do Premio de Investigación y desarrollo de Medio Ambiente

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
Mª del Carmen Echevarría DUVI 18/02/2008

O medio ambiente e a sostibilidade son os temas nos que deberán centrarse os traballos de investigación que concorran ao premio convocado pola Fundación ECA GLOBAL, a Federación de Asociacións de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españolas e Universia para proxectos fin de carreira, teses doctorais e traballos de investigación realizados por titulados cunha antiguidade máximas de dous anos.
O Premio de Investigación y Desarrollo de Medio Ambiente y Sostenibilidad convocado, terá que estar relacionado co enunciado do premito e estar baseado en datos de actualidade científica.
Os proxectos de fin de carreira, teses doctorais ou traballos de investigación de un ou varios autores deberán ter caracter orixinal e inédito e estaren redactados en linguas do estado español.

Criterios de valoración e prazos

O xurado valorará os traballos de maior a menor importancia segundo os criterios de precisión, claridade e rigor técnico da investigación; orixinalidade e innovación no tratamento dos temas obxecto do premio e posibilidade de aplicación práctica do traballo.O prazo de presentación dos traballos remata o 20 de abril de 2008.

Máis información en http://universia.es