DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Ábrese o proceso para as eleccións a decano en CC Sociais e da Comunicación

Coñeceranse os candidatos na primeira semana de febreiro e a votación será o 12 de febreiro

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Institucional
E.L. Castro DUVI 21/01/2010

A Xunta de Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación vén de convocar eleccións a decano. O proceso, que se iniciou o pasado luns 18 de xaneiro coa constitución da Xunta Electoral, prolongarase ata o día da votación, que terá lugar o vindeiro día 12 de febreiro. Ao longo desta semana fixéronse públicos os censos provisionais, que estarán abertos a modificacións ata o próximo mércores, 26 de xaneiro. Trala exposición definitiva dos censos, o 29 deste mes, procederase á presentación das candidaturas, nun prazo de catro días fixado entre o 1 e o 4 de febreiro. A data prevista para a proclamación definitiva de candidatos, logo dun período reservado para a presentación de reclamacións, é o 10 de febreiro.
Xulio Pardellas, profesor de Economía Aplicada, é o actual decano en funcións desta facultade, que relevou a Alberto Pena logo de que a única candidatura presentada nas eleccións de marzo de 2009 non acadase o respaldo necesario.