DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha conferencia ofrecida por David López, lead ATM engineer desta compañía

Alumnado de Aeroespacial achégase ao traballo de Airbus

A actividade formou parte do ciclo Foro Aero

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • TIC
  • Universidade e empresa
  • Visitas
  • Académica
DUVI Ourense 18/04/2023

O campus de Ourense acolleu este luns pola tarde a conferencia Airbus. Enxeñando sistemas: tráfico aéreo e navegación, ofrecida por David López Filloy, lead ATM engineer de Airbus, un compañía internacional líder en deseño, fabricación e subministro de produtos, servizos e solucións aeroespaciais que conta con arredor de 130.000 empregadas e empregados. A iniciativa formou parte do Foro Aero, un ciclo de conferencias divulgativas organizadas cada cuadrimestre pola Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e que ten como obxectivo achegar ao seu alumnado e profesorado, pero tamén ao público xeral interesado, cuestións de interese para a súa formación, como o traballo que realizan empresas do sector ou institucións relacionadas con el.