DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha charla-coloquio celebrada este luns no campus

Alumnado de Historia achégase ao papel do Parlamento de Galicia

Participaron os exdeputados Roberto Castro, Xosé Francisco Ferreiro e Pablo Xabier López

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Académica
DUVI Ourense 13/02/2023

Desde o ano 2011, o Parlamento de Galicia desenvolve un programa de charlas-coloquio en colaboración coa Asociación de Ex-Parlamentarios/as que ten por obxectivo “espallar os valores da democracia entre a xente moza” e dar a coñecer esta institución. As charlas están orientadas a alumnado dos diferentes ciclos educativos, incluído o alumnado universitario. Despois de estar noutras facultades do campus de Ourense en edicións anteriores, este luns foi a Facultade de Historia a que acolleu unha nova sesión desta iniciativa. Nesta ocasión, a actividade, presentada por Julio Prada, decano da facultade, contou coa participación de tres exdeputados, como son Roberto Castro (deputado do Partido Popular pola provincia de Ourense en cinco lexislaturas), Xosé Francisco Ferreiro (deputado do BNG pola provincia da Coruña en dúas lexislaturas) e Pablo Xabier López (deputado do PSdeG pola provincia de Ourense en tres lexislaturas). Eles explicaron ao alumnado asistente o traballo que se desenvolve no parlamento desde a súa propia experiencia nel.