DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Troco de cedés do ciclo de música "Pecados"

Belas Artes pon o seu gran de area na fabricación dun hit musical

O xoves 20 estarán en Ciencias Sociais e da Comunicación

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Cultura
Camino Carballeira DUVI 13/11/2008

A novidosa iniciativa de troco de cedés incluída no ciclo de música Pecados chegou este xoves á Facultade de Belas Artes. Durante a mañá os alumnos que alí se achegaron interesáronse pola iniciativa, coñeceron a programación das xornadas musicais e, aqueles que se lembraron de levar un cedé orixinal usado, trocáronno polo disco da organización: The Langley Schools Music Project.
Esta estratexia, que se concibe como un reclamo publicitario sobre o ciclo, xa contou con tres paradas na Praza da Peregrina e outras dúas na Praza da Verdura nas pasadas semanas. En total, a organización leva repartidos a cambio dun album de segunda man arredor dun cento de discos. Tendo en conta que para acadar un disco de ouro en España fan falla 50.000 unidades e que Pontevedra ten uns 65.000 habitantes, pode considerarse proporcionalmente o traballo de The Langley Schools Music Project como disco de ouro na cidade.

Agora o obxectivo é o disco de platino

Non estamos afeitos a levar un cedé no peto para realizar compra-ventas e por iso SINSALaudio decidiu, ante o interese do alumnado, ampliar datas, todavía por confirmar, para realizar máis trocos. Está confirmado que o xoves día 20 estarán, de 11 a 14 horas, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Despois desa data, voltarán a Belas Artes e posteriormente repetirán, para que os máis despistados non queden fóra, en Ciencias Sociais.

Outro xeito de fabricar un hit

Un dos socios de SINSALaudio e promotor da iniciativa, Luís Gómez, amosouse convencido de que “esta iniciativa vai interesar aos alumnos de Publicidade” xa que amosa outro xeito de fabricar un hit, fóra dos circuítos comerciais. Segundo Gómez, o disco de The Langley Schools Music Project ten “todos os ingredientes para vender millóns de copias” xa que contén versións de cancións da década de 1970 moi coñecidas dos Beach Boys, George Harrison ou David Bowie interpretadas polos rapaces dunha escola do Canadá. O problema do traballo é “a gravación pura, xa que está gravada directamente desde o escenario pero precisamente por iso encaixa á perfección coa filosofía do ciclo Pecados”. Un sonido puro que ás veces molesta aos oídos afeitos á música chea de arreglos e máis comercial.

Próximos concertos

O 21 de novembro é un día sinalado no calendario do ciclo. A banda británica Stereolab presentará no Pazo da Cultura o seu último traballo, Chemical Chords. Luís Gómez asegura que desde a organización esperan “un cheo” do espazo. O mesmo éxito se agarda para o concerto de The Residents, o 9 de decembro no mesmo escenario, para o que a organización espera que se desprace xente de toda a Espa.