DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Ata o 8 de xullo, para facilitar a preparación dos exames

As bibliotecas amplían os horarios nocturnos e de fin de semana

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Asociacións de Estudantes
  • Estudantes
DUVI 02/05/2018

Coa proximidade do período de exames as bibliotecas dos tres campus amplían ata o vindeiro 8 de xullo os seus horarios para facilitar ao alumnado a organización das súas horas de estudo. Así, durante as fins de semana e días festivos, o horario de apertura será de 08.00 h a 22.00 horas nas bibliotecas da EE Industrial en Torrecedeira, Biblioteca Central do campus de Ourense e Central do campus de Pontevedra. Este horario manterase nas fins de semana comprendidas entre o sábado 21 de abril e o domingo 8 de xullo 2018, así como nos festivos do 1 e 17 de maio. Nestas mesmas datas, a Biblioteca Central do campus de Vigo permanecerá aberta de 09.00 h a 21.00 horas.

Pola noites entre semana, establécese un horario de apertura de luns a venres ata as 03.00 horas, tanto na biblioteca de EEI en Torrecedeira como nas centrais de Ourense e Pontevedra. Estas aperturas nocturnas alongaranse ata o 6 de xullo agás os festivos do 1 e 17 de maio.