DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Durante as noites e as fins de semana ata o 20 de decembro

As bibliotecas amplían o seu horario de apertura para preparar os exames do primeiro cuadrimestre

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 28/11/2012
Neste curso, e por primeira vez, os exames do primeiro cuadrimestre terán lugar antes do Nadal polo que o horario de apertura das bibliotecas universitarias tamén se adapta a este novo calendario. Dende esta semana e ata o vindeiro 20 de decembro a Biblioteca de Torrecedeira en Vigo e as bibliotecas centrais dos campus de Pontevedra e de Ourense, ampliarán o seu horario habitual ata as 03.00 horas da madrugada de luns a venres en días laborables.

Máis horas na fin de semana

Durante as fins de semana, as bibliotecas dos tres campus tamén ampliarán o seu horario para facilitar ao estudantado un lugar onde preparar os exames. Ata o vindeiro 16 de decembro, todos os sábados e domingos, así como o festivo do 6 de decembro, a biblioteca de Torrecedeira e as bibliotecas centrais do campus de Pontevedra e Ourense abrirán ás 08.00 horas da mañá e pecharán as súas portas ás 22.00 horas. Ademais, a Biblioteca Central de Vigo, situada no campus, abrirá de 09.00 h a 21 horas.

Tratándose de horarios especiais de apertura, durante os mesmos non haberá servizo de préstamo nas bibliotecas. Para estes exames do primeiro cuadrimestre, o período de rexistro na aplicación informática das cualificacións nas actas ábrese o 10 de decembro e péchase o 15 de xaneiro. O 8 de xaneiro arrancará o segundo cuadrimestre do curso 2012/2013.

Cadro de horarios