DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Contará con dous comités consultivos, un académico e outro social-empresarial  

Bota a andar o comité de dirección do Vigo Tecnolóxico

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • TIC
  • Universidade e empresa
  • Institucional
DUVI 18/12/2019

“Analizar as necesidades conxuntas do campus de especialización e propor medidas correctoras”. Estas son, segundo o director do Vigo Tecnolóxico, Daniel Villanueva, as funcións do comité de dirección do campus de especialización, que baixo a presidencia do reitor, Manuel Reigosa, quedou constituído nas últimas horas. María Consuelo Pérez, vicerreitora de Transferencia; Itzíar Goicoechea, directora da Área de Transferencia e subdirectora do Cintecx; Juan Pardo, director da Escola de Enxeñería Industrial; David Patiño, subdirector de Infraestruturas e AAEE da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía; Manuel Fernández, subdirector de Organización Académica da Escola de Enxeñería de Telecomunicación; Carlos Mosquera, director de atlanTTic e o propio director do campus, Daniel Villanueva integran o comité de dirección, cuxa conformación, que conta con representantes das direccións das escolas de enxeñaría e dos centros de investigación do ámbito tecnolóxico do campus  vigués, fora aprobada no Consello de Goberno do pasado mes de novembro.

Dous comités consultivos 

O novo órgano de dirección contará con dous comités consultivos, un académico e outro social- empresarial. O primeiro estará formado por expertos de prestixio nos ámbitos de actuación do campus de especialización, mentres o social –empresarial contará cunha ampla representación dos axentes sociais e empresariais ligados á especialización do campus. Tal é o caso de entidades e organismos como CEP, ARVI, Aclunaga, Zona Franca, ASIME ou INEGA entre outras asociacións, clústers e institucións da contorna do campus.

Sobre o cometido do Vigo Tecnolóxico, o seu director lembra que “é a resposta de Vigo á estratexia de especialización e diferenciación dos campus, de acordo aos principios do novo modelo de organización universitaria proposto pola Xunta de Galicia”.