Tras o seu paso pola cidade de Ourense, a compañía de teatro da USC-Lugo abriu este luns unha nova semana de teatro universitario no campus e fíxoo coa representación de WZ, unha peza baseada en textos de Woyzech, obra inconclusa de Bchner, pero coa estética de Kantor. A formación teatral do Campus Terra da USC, dirixida por Paloma Lugilde, foi unha das sensacións do recente Festival de Teatro Universitario de Lugo, tanto pola calidade da proposta escénica, como da narrativa e da interpretativa, e os aplausos tampouco faltaron onte na Miteu Vigo.
17/04/2018