A competición de robots que organiza a Escola de Enxeñería Industrial acada na súa cuarta edición un récord de participación coa inscrición de máis de 185 equipos das catro provincias galegas, que achegarán ao centro, o vindeiro 4 de maio, a máis de 1000 participantes. Juan Pardo, director da EEI, asegura sentirse sorprendido pola resposta, “que aínda que agardabamos que fose boa, superou as expectativas. De feito, creo que é a primeira vez que as inscricións cubríronse antes de pechar o prazo”. Nesta cuarta edición rexistráronse máis de 170 equipos na categoría Wall-E, dirixida a alumnado da ESO e Bacharelato, e 15 equipos na R2D2, para estudantado de titulacións superiores e outras persoas interesadas.
14/02/2018