Robótica, programación, termografía infravermella, deseño 3D, nanopartículas, extracción de ADN, utilidades da tinta invisible, identificación de patoloxías autoinmunes… Detrás das disciplinas científicas e tecnolóxicas agóchanse infinidade de recunchos nos que atopar a vocación laboral. Pero en moitas destas profesións os homes son maioría e isto perpetúa un nesgo de xénero que segue a condicionar, en boa medida, a elección dos estudos entre o alumnado do ensino secundario. Para mudar eses patróns, a Universidade de Vigo os obradoiros Elas Fan CienTec, unha iniciativa na que participan 100 alumnas de secundaria de institutos da contorna de Vigo.
08/02/2018