O Seminario Ibérico de Química Mariña, o Encontro de Oceanografía Física, a Reunión Ibérica de Fitoplancto Tóxico, a International Science Conference do Campus do Mar, o Workshop Patrimonio Cíes o propio International Symposium on Marine Sciences, ISMS 2018, reunirán en Vigo, entre os días 20 ao 22 de xuño, a preto de 400 participantes, co obxectivo de aglutinar todo o coñecemento científico de interese internacional no ámbito das ciencias mariñas. A sexta edición do ISMS, que tamén servirá ao estudantado de grao, mestrado e doutoramento para expoñer os seus primeiros traballos científicos, foi presentado este mediodía nun acto, no que o reitor da Universidade de Vigo e o alcalde de Vigo, destacaron a relevancia do evento, que Mato definiu como “o congreso dos congresos”.
23/01/2018