Falar de ciberseguridade 100% é imposible, e niso coincidían todos os expertos que este xoves participaron nunha xornada sobre este tema organizada pola Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo. Non existe unha protección total para empresas e institucións, pero si se está a traballar dende moitos eidos tanto na prevención como na protección fronte a este tipo de ataques. Nesta xornada, especialistas en seguridade informática e xuristas abordaron as claves da ciberseguridade, debatendo sobre temas como a xestión da crise polo ciberataque Wannacry, a importancia da ciberseguridade nunha industria 4.0 ou a seguridade xurídica. No acto de apertura, Marta Menéndez, directora de Galicia de Telefónica, agradecía ao profesor José Cidrás, director da Cátedra Telefónica, a elección dun “tema de rabiosa actualidade e de interese xeral”. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, adiantou que a institución conta xa coa aprobación para poñer en marcha o vindeiro curso académico o Mestrado en Ciberseguridade
19/10/2017